1.- AVISO E INFORMACIÓN LEGAL
En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, a continuación expóñense os datos identificadores da empresa:
Concello de Manzaneda
Enderezo electrónico: info@concellodemanzaneda.es
DOMICILIO: Manzaneda 32781 Ourense.
TELÉFONO/TELEFAX: 988 33 30 43
2.- OBXETO.
O sitio web entroidodemanzaneda.gal , facilítalle aos usuarios o acceso e a utilización de diversos servizos e contidos postos á súa disposición polo Concello de Manzaneda.
3.- CONDICIÓNS DE USO E ACEPTACIÓN.
A utilización deste web entroidodemanzaneda.gal está suxeita ás seguintes condicións de uso. Pregámoslle que as lea atentamente. O feito de acceder a este web e utilizar os materiais contidos nel implica, que vostede leu e acepta, sen reserva algunha, estas condicións.
Así mesmo, estes materiais poden ser modificados, desenvolvidos ou actualizados sen notificación previa.
4.- PROPIEDADE INTELECTUAL.
Os dereitos de propiedade intelectual da páxina entroidodemanzaneda.gal, o seu código, fonte, deseño, estrutura de navegación, bases de datos e os distintos elementos que contén son titularidade do Concello de Manzaneda, a quen corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.
Calquera transmisión, distribución, reprodución, comunicación pública, posta a disposición, transformación, manipulación ou almacenamento, total ou parcial, require o previo, e expreso, consentimento por escrito do Concello de Manzaneda, agás cando se indique o contrario. Salvo autorización expresa por escrito, non se permite o establecemento de dispositivos técnicos de enlace, que dende páxinas de terceiros dean acceso directo ás páxinas do Concello de Manzaneda.
Este sitio pode conter dispositivos técnicos de enlace(s) a páxinas externas sobre as cales o Concello de Manzaneda non se responsabiliza, en ningún caso, dos contidos nin de calquera outro aspecto relacionado coas devanditas páxinas ou o seu acceso.
O Concello de Manzaneda reserva a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións da información contida no web, da configuración e presentación desta e das condicións de acceso.
O Concello de Manzaneda on garante a inexistencia de interrupcións , erros no acceso ao web ou ao seu contido, nin que este se encontre actualizado. O Concello de Manzaneda levará a cabo, sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución, e tan pronto teña noticia dos erros, desconexións ou falta de actualización nos contidos, todas aquelas labores tendentes a emendar os erros, restablecer a comunicación e actualizar os contidos.
Tanto o acceso ao web coma o uso sen consentimento, que se poida efectuar da información que contén, é responsabilidade exclusiva de quen o realiza. O Concello de Manzaneda non responderá das consecuencias, danos ou prexuízos, que puidesen derivar do devandito acceso ou uso.
O Concello de Manzaneda non se fai responsable dos erros de seguridade, que se poidan producir, dos danos que poidan causarlle ao sistema informático do usuario (hardware e software), así coma aos ficheiros ou documentos almacenados, como consecuencia da:
- A presenza dun virus no ordenador do usuario, e que sexa utilizado para a conexión aos servizos e contidos do web.
- Un mal funcionamento do navegador.
- O uso de versións non actualizadas.
A utilización non autorizada da información contida no web, a súa revenda, así como a lesión dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do Concello de Manzanedadará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.
Toda a información e datos que se describen no sitio entroidodemanzaneda.gal foron extraídos de fontes fidedignas e refírense unicamente ao ámbito xeográfico do Estado español. O Concello de Manzaneda pode modificar, sen previo aviso, calquera información aquí recollida e esta non está suxeita a ningunha garantía.
O Concello de Manzaneda non é responsable de calquera dano directo ou indirecto que poida ocasionar a exactitude, veracidade ou exhaustividade da devandita información, ou o uso que del poida facerse.
En ningún caso se entenderá que, polo acceso a este web entroidodemanzaneda.gal, o usuario obtén a licenza ou autorización para a utilización, máis alá do uso estritamente privado, de ningún contido, información ou servizo existentes no web entroidodemanzaneda.galnin sobre ningún dereito relacionado con eles, especialmente os de propiedade intelectual e industrial.
O Concello de Manzaneda reserva a facultade de almacenar as direccións IP dos usuarios que acceden ao sitio web para a creación de estatísticas de acceso, coñecer os movementos dos usuarios e acumular información demográfica ampla en conxunto. Esta información será almacenada segundo o tempo máximo que esixe a lei.
Este aviso legal réxese en todos e cada un dos seus apartados polas leis españolas.
5.- LEXISLACIÓN APLICABLE
Este aviso legal réxese en todos e cada un dos seus apartados polas leis españolas.