Entroido en Manzaneda
“Mázcaras” e disfraces, música, humor, ironía e gastronomía combínanse no Entroido de Manzaneda.
A celebración mantivo ritos e personaxes ao longo dos anos, en parte debido ao illado da zona.
Isto contribuíu a dotar dun carácter único a unhas festas que souberon incorporar pequenos cambios para garantir a súa continuidade e que, no intercambio con outras localidades veciñas, promove o sentido identitario e de pertenza.
O Entroido de Manzaneda promete diversión e tradición a tódalas persoas que se aventuren a visitalo.
Carnaval de Manzaneda
Este celebración emana autenticidade. Posiblemente, gracias a súa ubicación nunha rexión montañosa que mantivo ao municipio de Manzaneda relativamente aislado e preservou a pureza das súas tradicións.
O entroido tradicional de Manzaneda é unha festividade que mestura rituais ancestrais coas danzas hipnóticas das Mázcaras, os espectáculos de percusión dos folións, banquetes populares e teatro na rúa. Todo elo no medio dun ambiente divertido e burlesco.
A Mázcara é a personaxe central da festa. Cun enorme pucho/tocado na cabeza, viste unha camisa branca, polainas con puntillas, mantilla floreada, bastón, botas altas e cintas de cores que se colocan e se retiran unha a unha cada ano. Na cintura levan varias esquilas ou chocallos, que serven para marcar o ritmo. A Mázcara de Manzaneda destaca coma un hábil bailarín capaz de danzar sobre un pequeno caixón, xirando no bico dos pés sen chegar a despegar nunca do chan, mentres o ancestral son do folión acompaña a súa danza.
Personaxes
do Entroido de Manzaneda
É a personaxe central do Entroido en Manzaneda. Unha figura danzante e colorida que remite á das veciñas poboacións de Vilariño de Conso e Viana do Bolo.
O máis significativo da mázcara é o seu atavío. Leva pantalón branco con puntillas e camisa branca adornada con cintas de cores, que colgan ao longo e acompañan á mázcara nos seus bailes.
Unha mantilla floreada que cubre un dos ombros e que se ata no peito e as chocas na cintura completan a vestimenta e aportan cor e ritmo. Na cabeza levan un “pucho” ou tocado, tamén colorido; pese ao seu nome, habitualmente non se cobren a cara con máscaras ou caretas. Na man levan un bastón, tamén adornado con cintas, que utilizan nos seus bailes.
As mázcaras integran a súa característica danza no folión, xirando ao ritmo dos instrumentos deste grupo de xente e liderando a comitiva. Adoitan bailar en parellas que van en grupos dunhas dez mázcaras por folión. Un espectáculo para a vista, que contribúe a dotar do seu carácter único ao Entroido de Manzaneda.
Dentro das mázcaras, hai unha que ten entidade propia. Trátase do boi o touro. Esta presenta un disfrace distinto, formado por unha estrutura de madeira con cornos, tapada por unha colcha, dirixida por unha persoa que vai no seu interior e acompañada, xeralmente, por outra mázcara disfrazada de toureiro.
A misión deste personaxe é acompañar ao folión para arremeter contra as persoas, especialmente aquelas que, ao paso desta comitiva, non participan da festa.
Esta peculiar agrupación musical está composta por un grupo dunhas trinta ou corenta persoas que tocan bombos e tambores, así como instrumentos de labranza como gadañas ou aixadas, ás que fan soar ao ritmo da comitiva. Empréganse mesmo outros elementos, desde a gaita á corna, un instrumento utilizado polos pastores da zona.
Fronte aos folións doutros municipios lindeiros, nos de Manzaneda as mázcaras van bailando en parellas. Ademais, o bombo ou tambor tócase empregando unicamente unha maza.
Encabeza o grupo unha persoa a modo de embaixadora e directora do folión, xa que se encarga de abrir paso e de solicitar o acceso a outras localidades, para o que habitualmente declama un breve texto.
Os folións poden ser considerados como unha embaixada musical entre poboacións. Desde semanas antes do comezo oficial do Carnaval, as localidades de Manzaneda vense percorridas de noite por distintos folións que fan ronda polas casas ou por outras poboacións, compartindo bebida e comida.
As foliadas entroncan coa tradición de representacións burlescas que acompaña ao carnaval en distintas rexións arredor do mundo. É unha especie de teatro de rúa no que se intercambian versos e disputas, historias relacionadas coa actualidade, sexa local, nacional ou internacional, en clave satírica.
Nesta celebración, unha persoa encárgase do traballo de narración ou presentación, acollendo ao público, dando paso a cada peza e encargándose da despedida. Estas pezas son exposicións en verso nas que cada persoa ou grupo participante fai humor a partir de temas de interese. A despedida é especialmente importante, ao incluír a petición de desculpas por se alguén se sentiu ofendido ou ofendida.
As foliadas van acompañadas dos folións e as mázcaras. Na actualidade, poden incluír tamén batallas de fariña ao peche.
Previo ao propio período do carnaval, e seguindo a tradición doutros municipios en Galicia, Manzaneda celebra o Xoves de Compadres e o de Comadres.
O primeiro, 16 días antes do Sábado de Entroido, é o Xoves de Compadres, cando tradicionalmente as mulleres da localidade elaboraban e colgaban ao lardeiro. Este boneco de palla vestíase con roupas dos homes da vila, que estes intentaban baixar, enfrontándose ás súas veciñas en batallas de fariña.
Sete días máis tarde chega a quenda para o cambio de sexos: celébrase o Xoves de Comadres, cando son os varóns quen deben preparar e colgar á lardeira fronte ás mulleres, que son as que “atacan” aos homes da poboación armadas de fariña.
Estas tradicións mantivéronse con pequenos cambios. As figuras de lardeiro e lardeira seguen presidindo o Entroido desde as súas posicións na vila ata o peche do mesmo.
Vídeos destacados
Entroido de Manzaneda
Calendario de actividades 2024
25 de xaneiro. Xoves de Compadres.
Dúas semanas antes do comezo oficial do Entroido, Manzaneda celebra o seu Xoves de Compadres. As mulleres da vila visten e colgan ao lardeiro nun lugar visible da localidade. Os homes intentan vingarse nunha batalla de fariña na que calquera veciña da poboación pode acabar cuberta deste produto… e os veciños tamén.
27 de xaneiro. Fuliada da Mourela p’acá.
A primeira das foliadas dos carnavais visita este ano a localidade de Trabazos. A Fuliada da Mourela p’acá, organizada polas poboacións da zona, desenvólvese cada Entroido nunha das localidades. As mázcaras de Trabazos dan a benvida ás das outras parroquias, acompañadas dos seus folións, para primeiro percorrer as rúas e despois realizar a representación da foliada, co repaso satírico á actualidade. Unha comida e unha batalla de poñen o peche á ocasión.
1 de febreiro. Xoves de Comadres.
Na semana previa ao Entroido desenvólvese o Xoves de Comadres. Nesta ocasión son os veciños de Manzaneda quen deben vestir á lardeira e colocala nunha localización da vila, para despois enfrontarse ás represalias das mulleres en forma dunha guerra de fariña.
3 de febreiro. Fuliada de San Martiño.
Continúan os festexos polas parroquias de Manzaneda. A tarde do 3 de febreiro é a quenda da foliada en San Martiño. A partir das 16 horas, folións e mázcaras comezan a recorrer a localidade neste intercambio musical entre poboacións veciñas.
A partir desta xornada e nos días seguintes, as rondas de folións percorrerán distintas aldeas de Manzaneda, invitando á cidadanía a unirse nas rúas á charanga e compartindo comida e bebida entre visitantes e propios.
13 de febreiro. Martes de Entroido.
É o día grande da celebración en Manzaneda. A xornada iníciase ás 11.30 da mañá cun desfile dos folións do municipio, ao que acoden tamén folións de localidades veciñas nun intercambio que reforza o carácter social e identitario do Entroido.
A esta celebración séguelle un almorzo popular, onde toda a veciñanza comparte pratos e bebidas típicas da gastronomía da zona e, máis en concreto, da época na que se celebra. Cocido e elaboracións nas que se emprega carne de porco, como a androlla ou o butelo; doces como bicas, filloas ou orellas; viños e licores son algúns dos elementos dun menú que lembra que a época de excesos está a piques de rematar para entrar na sobria Coresma.